Idioma galego
Galician language
1. Non hai unha expresión equivalente a outra do galego (nin 'ben', nin 'bo', nin 'vaia'… son o mesmo ca 'bueno')
2. 'Bueno', como interxección (non como adxectivo), é de uso universal por parte dos galegofalantes (ninguén escapa dela)
3. O galego deulle unha dimensión diferente a 'bueno', mesmo maior á do castelán (como se di, por exemplo, "bueno, carallo, bueno" en castelán?)
4. 'Bueno' ten presenza constante na literatura en galego (emprégase, segundo o TILG, desde hai 130 anos e ata Castelao usaba habitualmente 'bueno')
5. A RAG admite os castelanismos "tortilla", "bocadillo", "habanera", etc. "Bueno" úsase moito máis e non ten entrada nos dicionarios